Fágase editor do Open Directory Project

Editar é unha actividade interesante e divertida para varios miles de persoas ó redor do mundo. Ser editor implica traballar coma parte dun equipo para listar URLs no directorio, organizar sitios nunha estructura lóxica de categorías e asegurarse de que as listaxes son axeitadas o conxunto de guías de edición da comunidade. Antes de aplicar, por favor lea os seguintes puntos e advertencias.

Información de solicitude: consellos e suxerencias

Información xeral
  • Non ten que ser un editor para acadar que se liste o seu sitio. Para envialo seu sitio, visite as nosas guías de envío.
  • Terá máis oportunidades de ser editor se aplica a unha categoría pequena pouco desenrolada para comezar (xeralmente categorías con menos de cen sitios). 
  • Se xa e un editor, non aplique aquí, empregue o Formulario de petición de nova categoría. Se esquenceu a súa contrasinal pode pedilo, seralle enviado. Un editor non pode ter máis dunha conta. Ter varias contas de editor será considerado motivo de expulsión.
  • As contas expiran se non entra no primeiro mes ou se non edita por un período consecutivo de catro meses. Se pensa que a súa conta expirou daquela por favor complete a solicitude de embaixo.Se é un antigo editor cuxo nome foi desactivado ou movido non encha unha nova aplicación. Encha esta forma no seu lugar.
Cubrindo o formulario de solicitude
  • A súa solicitude debe estar completa.
  • A súa solicitude é unha mostra do tipo de editor que será. Unha solicitude escrita pobremente con errores gramaticais e de ortografía, e/ou que só serve para promover e alavar sitios ten poucas posibilidades de ser aprobada.
  • Requeriraselle que dé 3 URLs de exemplo na súa solicitude. Os sitios que suxira deben ser específicos ó tema da categoría que solicita editar.
  • Poñendo tres URLs (sitios) de exemplo na súa solicitude, está a mostrarnos
    • a súa comprensión dos tipos de sitios listados na categoría
    • a súa habilidade para encontrar sitios de calidade, e
    • a súa habilidade para proporcionar descricións boas e útiles
  • Reler as guías de edición de ODP mostraralle como os editores ODP seleccionan, avalían, describen e organizan sitios web.
  • Fóra das categorías World/, os sitios deben ter contido en lingua inglesa e deben estar descritos en inglés. Os sitios con contido noutras linguas diferentes do inglés pertencen á categoría World/[Lenguaje] e deberán ser descritos na lingua correspondente.
  • Se vostede é o webmaster ou está asociado con algún sitio web, por favor sinaleo na súa solicitude.
  • Traballamos arreo para facer o ODP un recurso xusto e imparcial para os usuarios web. O ODP non debe ser usado para anunciar ou promocionar inxustamente sitios. Os editores que estean principalmente interesados en promover os seus propios sitios ou os dos seus clientes, e/ou discriminen os dos seus competidores manipulando as listaxes poderían lograr que as súas contas de editor foran revogadas sen previo aviso.
Revisar solicitude
  • A súa aplicación será revisada por un ou máis editores ODP de maior antigüidade, os cales avaliarana con base nas respostas que provexa. Xa que ningún par de aplicacións son iguais, non hai fórmula máxica para unha aplicación aceptable. Cada aplicación é tratada de xeito único. Facemos todo o posible para aceptar aqueles que aumentarán o valor do directorio e a comunidade, poren, non aceptamos todas as aplicacións. Vostede pode volver aplicar se a súa aplicación é rexeitada.
Prema o botón "Continuar" de embaixo para rematar de cubrir a solicitude para ser editor.