Películas, directores, actrices e directores galegos. Tamén páxinas de cine en galego.

categorías 1

Academia Galega do Audiovisual
Ten o propósito de se transformar no espacio común para tódolos profesionais que forman o conxunto audiovisual galego; actores, produtores, directores, realizadores, guionistas, músicos, directores de fotografía e decoradores entre outros.
Os Arquivos da Meiga
Foro onde promociona o material audiovisual en galego, require rexistro para poder ver o seu contido. Longametraxes, series e titoriais.
Asociación Galega de Productoras Independentes (Agapi)
Ofrecen a súa revista dixital quincenalmente para dar a coñece-las noticias que o sector audiovisual xera na propia comunidade autónoma.
CanleTV
Plataforma web da Axencia Galega das Industrias Culturais, (Agadic). Pódese acceder a un catálogo de filmes para o seu visionado completo.
Carballo InterPlay
Festival de webseries que se fai en Carballo. Presentación e bases.
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Centro de difusión e documentación das artes da imaxe da Xunta de Galicia. Institución responsable en Galicia da conservación, recuperación e difusión do cine e da fotografía.
Cineclube Lumière
Asociación cultural sen ánimo de lucro que ten por fin social a promoción e difusión da cultura cinematográfica. Programa semanalmente películas en versión orixinal subtitulada. Ademais realiza outras actividades relacionadas co mundo audiovisual, tales como cursos sobre cine ou vídeo, concursos e colaboracións con diversas entidades e organizacións sociais.
Cinema Friki
Weblog con comentarios sobre películas, series, animación e personaxes da gran pantalla.
Cinema Galego
Filmes de cineastas galegos na rede. Índice de películas por autor, artigos e comentarios recentes.
Curtocircuíto
Festival de curtametraxes realizado en Santiago de Compostela no que participan curtas de ficción, animación e videocreación do panorama internacional.
Festival de Cans
Celebrado no Porriño na aldea de Cans. Premia as mellores curtametraxes galegas. Historia, programa, organización e novas.
Festival de Cine Internacional de Ourense
Evento anual para a presentación de traballos audiovisuais. Información relacionada, regulamentos e inscrición.
Ficción Producciones
Empresa dedicada á produción audiovisual innovadora, nas novas tecnoloxías, dentro das chamadas produtoras TIC. Información sobre producións e servizos.
Mostra de cinema periférico A Coruña (S8)
Evento que se celebra na Coruña entre o 31 de maio e o 3 de xuño. Programación, actividades paralelas, novas e prensa.
Novo Cinema Galego
O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza. O proxecto, cineastas, filmes e documentos.
Santiago de Compostela Film Commission
Localizacións exteriores e interiores, rodaxes, publicidade e información sobre o sector audiovisual na cidade.
O soportal do audiovisual galego (AVG)
O obxectivo deste sitio é a creación de mercado para a produción audiovisual galega. Contén novas, reportaxes, información de certames e descargas.

Esta categoría noutros idiomas: 44

[Film_Mozilla_1]
Última actualización:
Outubro 1, 2016 at 17:54:11 UTC
Arte e cultura
Negocios
Informática
Saúde
Medios de comunicación
Lecer
Referencia
Rexional
Ciencia e tecnoloxía
Compras
Sociedade
Deportes
All Languages